Boa idea de Dalle un coliño, a do proxecto semanal: un tema para desenvolver cos nenos, amosar e compartir. O dos piratas pareceu-me doado porque o neno xoga moitas veces cos bonecos e cun pequeno barco de madeira, hai unhas tremendas liortas entre eles.
Xogo: ás veces disfrazo-me de Capitán Garfo e baixo unha bata meto varios coxíns, despois persego os nenos pola sala arredor dunha mesa. Cando os atrapo cómo-os a bicos, mentres eles poden empurrarme polo bandullo e incluso dar-me nel. O xogo remata cando me tumban (con tanto coxín son unha pelota) e se poñen enriba miña, socorro!
Desde hai xa un par de anos deu-me por utilizar unha Moleskine para os debuxos dos nenos. Cando me lembro e o neno ten ganas, fai nel unha pequena obra de arte e vou-nas datando. Como por aquí non para de chover, non houbo ocasión nin ganas de saír e fixemos un cadro a tres mans.
Primeiro pinteilles unhas ondas e medio barco, Mencía fixo o polbo de abaixo e un pirata do barco da dereita. Fai figuras parecidas a pantasmas cuns cabelos moi chuscos.
Cando Nico era moi cativo comprei o libro El arte infantil (edicones Eneida, Aureliano Sáinz). Non acabei de le-lo todo, é un libro denso pero interesante, hai algún libro máis de interpretar os debuxos pero non o coñezo. Acabo de ver este libro, merecerá a pena? ve-se un estracto.
Non hai moito que teño un libro de Mandalas, seica son do máis estimulante e beneficioso para nenos e anciáns, percibindo-se nestes últimos unha gran mellora. Tentarei facer algún cos nenos.
O neno debuxou unha bandeira baixo as miñas recomendacións de cor: a caveira, branca, busca unha cor que a destaque, negro? si. A caveira e 100% Nicolás B.
Teño este pequeno estuche de acuarelas, é moi pequeno, o bo e grande gárdo-o para as miñas argalladas.
Os nenos só precisan un trapo vello, un vaso de auga que se debe de cambiar cada pouco, varios pinceis, un mandil ou camiseta vella e coidar que non mesturen demasiado as cores.
Cómpre que aprendan que o pincel non hai que finca-lo no papel, unha pequena presión abonda, como unha pluma.
Pequeño resumen:
dentro de los proyectos semanales con los niños, el tema propuesto por Dalle un coliño fue el de los piratas.
Nuestro proyecto consistió en un dibujo a tres manos., hecho en la Moleskine pequeña que tengo desde hace un par de años para sus dibujos. Perfilé un poco las olas y un barco y ellos hicieron el resto. Lo mejor: el pulpo de mi niña (4) y el tiburón o piratas de Nico (6). Material: un pequeño estuche de bolsillo de acuarelas, un vaso de agua, cambiada varias veces, un trapo viejo, mandilones o camisetas viejas.
Deben de aprender a no estropear la punta de los pinceles, aplicar el color sin apretar, con ligereza, a no cargar demasiado el pincel con agua o la tinta muy espesa.
Una pequeña mención sobre dos libros interesantes, uno sobre el arte infantil, denso pero de interés y otro sobre los mandalas. He leído artículos sobre las propiedades de los mandalas, tanto en ancianos como en niños, pero aún no hemos hecho ninguno. A ver hoy ...
Los enlaces son a páginas en castellano, por lo que sólo tenéis que clicar en ellos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
8 comentarios:
Que ben debuxan os teus cativos!
bicos
Ah por certo, eu xa te teño no meu bloglines ;)
Vexo que vos animáchedes :D
Se queres saír no resumo semanal do proxecto, tes que deixar o link no post do proxecto desa semana.
(Encántame o polbo!!)
Biquiños
Tus hijos hacen unos dibujos preciosos.
Me encantaría verte de Garfio ;)
Pois outra vez, noraboa polo novo blog. Eu penso que as acuarelas son tan máxicas como as landras ;-)
Hola :)
¡Felicitaciones por el nuevo blog!
(y con una mamá como vos, creo que tu hija te va a tejer un amigurumi en menos de lo que pensás!)
Besiiiiiiiiiitos desde Argentina.
Felicidades por tu nuevo blog, todas tus creaciones llenan el espacio de magia, tus hijos ponen color a un mundo que necesita de ellos y de su imaginación.
Brindo por vos.
Ana
Me parece una idea genial este blog Olivia, aunque me cueste leer en galego, ya tomaré ideas prestadas para los bajitos.
Un beso.
Oye me ha gustado tu proyecto y si que ha dado este proyecto
besos marijose
Publicar un comentario