miércoles, 30 de diciembre de 2009

Que non publique máis? maloserá. Bo ano!

ums, canto tempo, ben maloserá que non teña tempo o próximo ano para publicar polo menos dous post, maloserá, bikiños e bo ano e boa década!!!

miércoles, 17 de junio de 2009

Só falo con seguridade sobre libros e pouco máis

O neno cumpriu anos o mes pasado, entre galanos desexados (aqueles máis de moda ao meu pesar: os Ben10 e demais) os galanos escollidos por min con coidado ¿serán os que máis perduren na memoria? O seguinte libro non creo que caia no olvido, veredes.


Combel editou con coidado este marabilloso tomo sobre un dos meus artistas preferidos do século pasado: Calder; na mesma colección teñen tamén un sobre a Mona Lisa, non me preguntedes pero vendo o altísimo nivel do de Calder seguro que non desmerece.

No interior, ademais de información sobre a arte e biografía do artista presentado de forma amena en pestanas e despregables, temos un circo que se monta ao pasar a páxina, ao final diferentes recortables de figuras circenses; outro divertimento co que xa pasamos bos ratos é a cadea para formar una face.




Falar con seguridade. A verdade é que pouco vos podo contar sobre a crianza, son basicamente unha nai insegura, con dúbidas aínda que procuro non transmitir ansiedade, pero por dentro ás veces son un caos. Por iso falar de crianza... só vos podo falar do moito que soemos mirar e ler libros, de cales e das actividades que ás veces programamos, aínda que as mellores son os paseos ao campo, fronte a iso non hai nada mellor.



E outro libro xa para min pero pensando neles. Clicade se queredes ver con máis detalle.

Hai pouco merquei un libro dunha artista francesa da cal sigo o seu blog. Como co francés aínda me defendo, merqueino nunha incursión a amazon.fr. Trátase do libro "Mes petites bricoles" de Isabelle Kessedjian: non trae ideas revolucionarias, algunhas ideas quizais xa as coñezades ou vos soan, pero resúltan-me en xeral moi atractivas; dos meus preferidos os seus proxectos de papier maché, do que espero quitar o máximo proveito.

Crochet, pintura, reciclaxe, proxectos varios ben explicados (noutro idioma, iso sí) nunha deliciosa edición. Unhas poucas imaxes que corresponden a proxectos de papier maché:

Este último encánta-me: como aproveitar esas botellas de plástico e converti-las en estupendos coches para os bonecos. Xa merquei onte cola de papel pintado, despois das vacacións quizais vos poida contar. Máis proxectos do libro no seu blog: aquí.




Sólo hablo con seguridad sobre libros y poco más:

El niño cumplió años el mes pasado, entre regalos deseados(aquellos más de moda a mi pesar: los Ben10 y demás), los escogidos por mi con cuidado ¿serán los que más perduren en la memoria? Este libro no creo que caiga en el olvido, veréis.

Combel editó con cuidado este marabilloso libro sobre uno de mis artistas preferidos del siglo pasado: Calder, en la colección tienen también uno sobre la Mona Lisa, non me preguntéis pero viendo el altísimo nivel del de Calder seguro que no desmerece.

En el interior, además de información sobre el arte y biografía del artista presentado de forma amena en pestañas e desplegables, tenemos un circo que se monta al pasar la página, al final diferentes recortables de figuras circenses. Otro divertimiento con el que ya pasamos buenos momentos es la cadena para formar una cara.

Hablar con seguridad. La verdad es que poco os puedo contar sobre la crianza, soy básicamente una madre insegura, que con frecuencia duda y procuro no transmitir ansiedad, pero por dentro a veces soy un caos. Por eso hablar de crianza... sólo os puedo enseñar los buenos libros que miramos y qué actividades programo a veces, aunque las mejores son sin duda los paseos al campo, frente a eso no hay nada mejor.


Y otro libro ya para mi pero pensando en ellos.Clicad en las imágenes si queréis ver con más detalle.

Hace poco compré un libro de una artista francesa cuyo blog sigo. Con el francés aún me defiendo y así me decidí en una incursión a amazon.fr. Se trata del libro "Mes petites bricoles" de Isabelle Kessedjian: no trae ideas revolucionarias, algunas quizás ya las conocéis u os suenan, pero alguna me resulta muy atractiva; me gustan sus proyectos de papier maché, de los que espero quitar el máximo provecho. Crochet, pintura, reciclaje, proyectos varios bien explicados (en francés eso sí) en una deliciosa edición. Unas pocas imágenes que corresponden a proyectos de papier maché:

Este último me encanta: cómo aprovechar esas botellas de plástico y convertirlas en estupendos coches para los muñecos. Ya compré ayer cola de papel pintado, después de las vacacaciones quizás os pueda contar. Proyectos del libro en su blog: aquí.

lunes, 16 de marzo de 2009

Que é un neno? e libros para aprender cousas

Desde o Nadal non escribín neste blog e agora estamos case en plena primavera, xa sei que demorei moito. Iso de levar dous blogs resulta-me traballoso, a crianza é cousa de cada día e o craft é un luxo para min, unha parcela particular que si comparto pola rede.

A paciencia é un traballo cotián como manter unha actitude non severa cos fillos pero tampouco de "colegueo", si de inculcar respecto... tras moito reflexionar só sei unha cousa: o respecto é un bo obxectivo, respecto a un mesmo, aos demais, á natureza... Veremos. Polo momento, ademais de facer-lles amar a natureza tamén lles fago amar os libros. Hoxe ensino-vos un álbum que me axuda como nai e outros que lles axudan a eles, ao final dous máis para admirar e soñar.

Se me ledes habitualmente no Chuculeta con ratón sabedes que Beatrice Alemagna é unha das miñas ilustradoras favoritas, mágoa que non estea traducida ao galego. Hai pouco falei no outro blog dun libro que merquei en francés, Karl Ibou (link a un post) e teño máis post sobre obras dela.

Este libro, "Que é un neno?", non me chamou a atención polas súas ilustracións, fermosas coma sempre, senón porque me fai reflexionar, volver a mirar aos fillos como me gustaría mirá-los sempre, non só cando os quero moito, senón tamén cando lles rifo (e os quero igual) por portárense mal.

Fágoo o mellor que podo, ás veces non atino e teño dúbidas. Intento sempre razoar-lles o porque das amoestacións, como sería a forma correcta de actuar e por que debe de ser así.
Ás veces asenten e dan-me a razón ou corrixen a súa actitude. Noutras ocasións choran como se lles fose a alma, como se tivesen unha gran perda, unha grande dor, no libro hai un neno chorando coa boca moi aberta, ten mocos no nariz e Beatrice Alemagna di:

"Os nenos choran porque unha pedra se lles caeu á auga, porque lles pica o xampú nos ollos, porque teñen sono, porque está escuro. Choran forte para que os oian ben. Para consola-los é preciso ter a mirada cálida. E unha luceciña a carón da cama." Sinxelo, obvio para algúns pero importante".

A editorial Media Vaca soe publicar libros propios, pero neste caso fixo unha excepción e comprou os dereitos desta obra de Genichirio Yagyu. Trátase dunha marabillosa e algo gamberra colección publicada polos oitenta en Xapón, temos os seguintes títulos en castelán: los agujeros de la nariz (na foto), las plantas de los pies, Tetas (vende-se moi ben en relación á lactancia), Dientes, Costras, Ombligo.


A colección aínda non a hai na biblioteca municipal da miña cidade, pero é cousa de pedi-la se tardan. Hai uns meses adquirimos o tomo adicado aos buratos do nariz, do máis divertido, non só fala dos buracos do nariz senón tamén dos outros, dos dos animais...


Co tomo que trata dos pés tivemos que debuxar o contorno dos nosos pés, aplicai-lle á foto un filtro para destacar o suave trazo do lapis. Obviamente o gran pé é o meu, a carón o do neno e a dereita o da meniña.

E estes libriños de abaixo e prezo asequible merquei-nos polo outono. Pertencen á colección "O meu mundo" da editorial Xerais, hai-nos tamén en castelán. Prestixiosos ilustradores da literatura infantil e xuvenil colorean os contos doutros importantes escritores. Quizais son inxusta co resto dos tomos, pero os cartos non me chegaban para tanto e tampouco me quería pasar. A escolla é obvia (hoxe da-me por esa palabra) se controlades os meus gustos: Elena Odriozola e Mariona Cabassa como ilustradoras, e Jordi Sierra I Fabra e Xabier Mendiguren respectivamente como escritores.

"O meu cole" máis ca un conto fala dunha situación cotiá: a do neno moi pequeno que vai ao colexio e o que supón para el. Ao final un interesante texto e un ecoflash que lle podemos ler ao cativo. A grafía estupenda para primeiros lectores.



Que fermoso conto, o das katiuskas amarelas que a nena non dá estreado porque non chove. Ao final un texto sobre a terra e o tempo e un ecoflash. Moi moi recomendábel.




¿Qué es un niño? y libros para aprender cosas


Desde Navidad no he escrito en este blog y estamos casi en plena primavera. Me resulta trabajoso escribir en dos blogs, la crianza es un labor diario y el craft es un lujo para mi, una parcela particular que es la que comparto por la red.
La paciencia es un trabajo cotidiano, como una actitud no severa con los hijos, pero tampoco de "colegueo", sí de inculcar respeto... tras mucho reflexionar sólo sé una cosa: el respeto es mi finalidad, respeto a uno mismo, a los demás, a la naturaleza... Veremos. Por el momento, además de hacerles amar la naturaleza también les hago amar los libros.

Hoy os enseño un álbum que me ayuda como madre y otros más que les ayudan a ellos, además de dos para admirar y soñar.

Si me leéis habitualmente en Chuculeta con ratón sabéis que Beatrice Alemagna es una de mis ilustradoras favoritas, lástima que no la hayan traducido aún al gallego. Hace poco en mi otro blog os he hablado de Karl Ibou que tengo en francés y hay más post dedicados a ella.

Este libro no me llamó la atención por sús ilustraciones, hermosas coma siempre, sino porque me hace reflexionar, volver a mirar a los hijos como me gustaría mirarlos siempre, non sólo cuando los quiero mucho, si también cuando lles riño (y les quiero igual claro) por portarse mal.


Lo hago lo mejor que puedo, a veces no acierto y tengo dudas. Intento siempre razonarles y explicarles el porqué de las amonestaciones, cómo sería la forma correcta de actuar y por qué debe de ser así.
A veces asienten y me dan la razón o corrigen su actitud. En otras ocasiones lloran como si les fuese el alma, como si tuviesen una gran pérdida, un gran dolor, en el libro hay un niño llorando con la boca muy abierta, tiene mocos y Beatrice Alemagna escribe:

"Los niños lloran porque una piedra ha caído en el agua, porque el champú les pica en los ojos, porque tienen sueño, porque está oscuro. Lloran fuerte para que los oigan bien. Para consolarlos es preciso tener la mirada cálida. Y una lucecita junto a la cama." Sencillo, obvio para algunos pero importante.

La editorial Media Vaca suele publicar libros propios, pero en este caso hizo una excepción y compró los derechos de esta obra de Genichirio Yagyu. Se trata de una maravillosa y algo gamberra colección publicada por los ochenta en Japón, tenemos los siguientes títulos en castellano: los agujeros de la nariz (en la foto), las plantas de los pies, Tetas (se vende muy bien en relación a la lactancia), Dientes, Costras, Ombligo.
Aún no los hay en la biblioteca municipal de mi ciudad, pero es cosa de pedirlos si tardan. Hace unos meses adquirimos el tomo dedicado a los agujeros de la nariz, de lo más divertido, no sólo habla de los agujeros de la nariz sino también de otros, del de animales...


Con el tomo que trata de los pies tuvimos que dibujar el contorno de nuestros pies. Le apliqué a la foto un filtro para destacar el suave trazo del lápiz. Obviamente el gran pie es el mío, a mi lado el del niño y a la derecha el de la niña.

Los pequeños libros de abajo y de precio asequible los compré en otoño. Pertenecen a la colección "Mi mundo y yo" de la editorial Xerais, en castellano son de la editorial Algar, aquí uno. Prestigiosos ilustradores de la literatura infantil y juvenil colorean los cuentos de outros concocidos escritores. Quizáss soy injusta con el resto de los cuentos, pero el dinero no me daba para tanto y tampoco me quería pasar. Mi elección es obvia si controlas mis gustos: Elena Odriozola y Mariona Cabassa como ilustradoras, Jordi Sierra I Fabra y Xabier Mendiguren respectivamente como escritores.

"O meu cole" más que un cuento habla de una situación cotidiana, la del niño muy pequeño que va al colegio y lo que supone para él. Al final un interesante texto y un ecoflash que le podemos leer al niño. Una grafía estupenda para primeros lectores.

Que hermoso cuento el de las katiuskas amarillas que la niña no puede estrenar porque no llueve. Al final un texto sobre la tierra y el tiempo y un ecoflash. Muy muy recomendable.

miércoles, 24 de diciembre de 2008

Felices días


Digo-vos que ultimamente resulta-me tan difícil conciliar todo co internete que paso de escreber por falta de tempo. Claro que teño cousas que dicer, pero pregunto-me que se vos estaredes coma min e se teredes tempo para ler-me. Por iso, este será un post de links e algo de neve, que estes días xa foi desaparecendo.

A mellor idea para facer cos pequenos: un terrario con bonecos visto en The Crafty Crow, unha fantástica idea de All Dressed in Blue. Por certo, aquel colar que iamos facer con cousas atopadas non tivo demasiado éxito, como non encontramos nada utilizabel esquecimos o proxecto.

Visto en Bloesem a marabillosa igrexa iluminada de Studio Violet, e eu que pensaba que iso das pinzas era unha horterada, e velaí que cousa bonita.

Un fantástico tutorial para facer-lles unha máscara aos cativos, e outro para unha estrela de origami para a árbore.

Un xogo de memoria con tacos decorados con tea, hai tempo comentara no outro blog o de recilcar tapas de botellas... Dou-me conta de que a pesar de ser ideas moi boas só as gardo nos enlaces, terían que ser ideas moi rápidas de facer.
Esta tarde farei un té de Nadal, quizáis non tan chulo como o de Papercrane pero intentarase.

Que teñades nestes días un pouco ou moito de felicidade doméstica y un feliz aninovo.


Felices días:

Últimamente me resulta tan difícil conciliar todo con internet que paso de escribir por falta de tiempo. Claro que tengo cosas que decir, me pregunto si vosotras estaréis como yo y si tendréis tiempo para leerme. Por eso éste será un post de links y algo de nieve, que estos días fue desapareciendo.


La mejor idea para hacer con los pequeños:
un terrario visto en The Crafty Crow, una fantástica idea de All Dressed in Blue. Aquel collar que íbamos a hacer con cosas encontradas lo dejamos en el olvido, por falta precisamente de ellas, no encontrábamos nada.

Visto en Bloesem la maravillosa iglesia iluminada de Studio Violet, y yo que pensaba que eso de las pinzas era una horterada y mira que cosa tan bonita.

Un fantástico tutorial para hacer una máscara, y otro para una estrella de origami para el árbol .

Esta tarde sin falta haré un té navideño como el año pasado, quizás no tan opíparo
como el de Papercrane pero se intentará.

Que tengáis en estos días un poco o mucho de felicidad doméstica y un buen año nuevo!

domingo, 9 de noviembre de 2008

Tardes partidas e un ollo para Annai

Tardes partidas e domingos productivos.
Nico vai dous días a futbol-sala e dous a inglés, o suficiente para partir-nos catro tardes polo medio. Como non lin nada sobre o tema das actividades extraescolares, pero todas as nais que coñezo teñen as cousas moi claras (a maioría a favor, poucas en contra) fixen memoria.

Cando era pequena mandáron-me uns meses a guitarra, non me gustaba porque eu non a pedira polo Nadal. Puiden aproveitar as clases, hoxe quizais o agradecía, pero daquelas era un aburrimento. Outra cousa foron as actividades deportivas, os partidos de futbol entre nenas nun enorme campo eran divertidísimas, sentía-me unha promesa en potencia. Non eran estudios, era diversión, así o vivín, polo que coidarei que para eles tan pequenos tamén o sexa.

Ir a futbol-sala pediu-mo o neno, un posible castigo sería non manda-lo; o inglés tamén é ameno porque así o fai o profesor. Contaba-me unha nai que as fillas os fins de semana non querían saír da casa, máis que comprensibel. A que non quere saír son eu, limpo, lavo, interneteo e, sobretodo, deixo que os nenos poñan a casa patas arriba cos xoguetes.


E claro, así falo dos domingos productivos. O pasado, Nico debuxou un neno e ese día cortei a tea, cosimos a tres mans, os nenos con agulla roma e grosa, logo repasei os puntos. Aínda non me amaño ben coas costuras, quedan tirantes, vin que os demais crafters fan pezas aparte e logo ensámblan-as. Ensinaremos o resultado se queda ben nun dos dous blogs.


Máis adiante teño pensado traballar cos nenos a técnica do papel maché, terá que ser un sábado á tarde ou domingo de moita chuvia ou frío. Na foto unha das marabillosas pezas da artista Julie Arkell, corpo feito con esa técnica. Mirade que riquiña.

Hai tempo que atesouro o seguinte video, hoxe descubrín que estaba en youtube, é un dos videos favoritos dos meus meniños e meu: "An eye for Annai¨ do ilustrador Jon Klassen e Dan Rodrigues. Hoxe é un bo día para el, dura uns cinco minutos:



Tardes partidas y un ojo para Annai:

Tardes partidas y domingos productivos.
Nico va dos días a fútbol-sala y dos a inglés, lo suficiente para partirnos las tardes por el medio. No he leído nada sobre el tema de las actividades extraescolares, pero como todas las madres que conozco tienen esto muy claro (la mayoría a favor, pocas en contra) hice memoria.

Cuando era pequeña me mandaron unos meses a guitarra, no me gustaba porque yo no la había pedido por Navidad. Pude aprovechar las clases, pero en aquel momento era un aburrimiento. Otra cosa eran las actividades deportivas, los partidos de fútbol entre niñas en un enorme campo eran divertidísimas, me sentía una promesa en potencia. No eran estudios, era diversión, así lo viví, por lo que cuidaré que para ellos tan pequeños también lo sea.

Ir a fútbol-sala me lo pidió el niño, le encanta, un posible castigo sería no mandarlo; el inglés también es divertido porque así lo hace el profesor. Me contaba una de las madres que sus hijas los fines de semana no querían salir de casa, más que comprensible. La que no quiere salir soy yo, limpio, lavo, interneteo y, sobre todo, dejo que los niños pongan la casa patas arriba con los juguetes.

foto del muñeco
Claro y así hablamos de domingos productivos. El pasado, Nico dibujó un niño, ese mismo día corté la tela, cosimos a tres manos, ellos con una aguja grande roma, después repasé los puntos. Aún no controlo los trucos básicos de la costura y en las esquinas o dobleces el muñeco queda algo tirante; he visto que los demás crafters hacen piezas aparte que después ensamblan. Enseñaremos el resultado si es presentable en uno de los dos blogs.

foto de la muñeca
En otra ocasión trabajaremos la técnica del papel maché, tendrá que ser un sábado a la tarde o un domingo lluvioso o muy frio. En la foto una de las maravillosas piezas de la artista artista Julie Arkell, cuerpo hecho con esta técnica. Ella.

Hace tiempo que guardo este video, hoy descubrí que estaba en youtube, es uno de los videos favoritos de mis niños y mío: "An eye for Annai¨ del ilustrador Jon Klassen e Dan Rodrigues. Hoy es un buen día, dura unos cinco minutos. Arriba en la ventana de youtube. Annai busca ...

domingo, 5 de octubre de 2008

Unha idea con cabazas e unha personaxe máxica.

Moitas veces boto de menos unha horta. Xa o ano pasado plantamos unhas sementes de cabaza nuns testos grandes, pero só chegaron a botar flor e consumían e consumían auga. Queriamos conseguir unhas cabaciñas das de adorno.
Despois de ver a marabillosa casa que fixo Bitter Betty non esquecemos a idea, tutorial. A foto é sacada do blog da autora e asinei-lla co seu nome. Post visto en The Crafty Crow, un dos meus blogs favoritos pensando nos nenos.




Mr. W.
É un dos videos máis fermosos ou especiais do ano, xa o atesouraba había semanas. Non lembro como cheguei a el.
Quen é Mr. W.? Tampouco caín a primeira, cara ao final descubrín quen era esta personaxe, con quen ningúen se anoxaba. Os pequenos miraban abraiados, aínda así tiven que axudar un chisco.



Una idea con calabazas y un personaje mágico:


Muchas veces echo de menos una huerta. Ya el año pasado plantamos unas semillas de calabaza en un tiesto grande, pero sólo echaron flor y consumían y consumían agua. Queríamos conseguir unas calabazas de adorno. Después de ver la maravillosa casa que hizo Bitter Betty no olvidamos la idea, tutorial. La foto es de la autora y se la firmé. Post visto en The Crafty Crow, uno de mis blogs favoritos pensando en los niños.

Mr. W.
El de arriba es un de los videos más hermosos o especiales del año, hacía semanas que lo atesoraba. No recuerdo cómo llegué a él.
¿Quien es Mr. W.? Tampoco caí a la primera, pero hacia el final descubrí quien era este personje con quien nadie se enfadaba. Mis pequeños miraban sorprendidos y les tuve que dar alguna pista.

domingo, 21 de septiembre de 2008

Aprendendo a mirar

Cando se proxectou a primeira película, os espectadores fuxiron ao pensar que se lles viña un tren de verdade enriba, o ser humano tivo que aprender a linguaxe cinematográfica; como cando lemos un cómic e o neno aprende cal é a sucesión das viñetas. Tamén hai una forma para contar aos demais en imaxes usando a cámara o que sentimos, iso aprendese mirando.

Aprender a mirar. Buscar unha forma particular de ver, que todos poidan entender pero que se diferencie, non demasiado. Moitos, todos!?, fotografamos intentando atrapar a vida que se nos vai. Se enriba as túas imaxes poden ter certa influencia non é incribel? E as imaxes dos fillos en nós!? quen o diría. Mesmo se non tes fillos, se tes sobriños ou fillos de amigos deixa-lles un día a túa sinxela cámara, poden saír imaxes moi inspiradoras.

Ao Nico compreille unha cámara Fisher Price, por ese prezo puidemos ter unha normaliña, creo que andou polos setenta euros cando cumpriu anos.
A min as pombas non me gustan demasiado, pero forman parte dalgúns domingos da miña infancia, ao neno nada lle dixen e ese foi o seu enfoque, unha pomba soa.

Fixo moitas pero esta é especialmente querida, a nena coqueta move a cabeza, as vellas pedras suxiren zona monumental (a carón da catedral) e a pomba, o chan seco e o seu sorriso un feliz día de paseo.

Aprendiendo a mirar:

Cuando se proyectó la primera película, los espectadores huyeron al pensar que se les echaba encima un tren de verdad, el ser humano tuvo que aprender el lenguaje cinematográfico, como cuando leemos un cómic y el niño aprende cual es la sucesión de viñetas. También hay una forma para contar a los demás en imágenes lo que sentimos usando la cámara, eso se aprende a base de mirar.

Aprender a mirar. Buscar una forma particular de ver, que todos puedan entender pero que se diferencie, no demasiado. Muchos fotografiamos intentando atrapar la vida que se va.
Si tus imágenes llegan a los demás, no es increíble que puedan tener cierta influencia? y las fotos de los hijos en nosotros mismos?!
Si no tienes hijos, pero sí sobrinos o hijos de amigos, déjales un día tú sencilla cámara digital, pueden sorprenderte con imágenes inspiradoras.

A Nico le compré una cámara Fisher Price; por su precio pudimos tener una normalita, creo que rondó los setenta euros por su cumpleaños.
A mi las palomas no me gustan demasiado, pero forman parte de algunos domingos de mi infancia, al niño nada le dije y ése fue su enfoque, una paloma sola.
La foto de la niña es especialmente querida: la niña coqueta mueve la cabeza, las viejas piedras sugieren zona monumental (a lado de la catedral) y la paloma, el suelo seco y su sonrisa un feliz día de paseo.