sábado, 6 de septiembre de 2008

Subscreberse ao bloglines

Non sei por que me resistín tantos anos ao bloglines. Prefería ter os enlaces nunha columna lateral e visita-los cando tivese tempo.
Os favoritos empezaron a crecer tanto que non os podía seguir todos.
Agora o bloglines resulta-me moi útil.

Como non penso publicar con frecuencia no blog, máis ou menos semanalmente, se non vos queredes aburrir de vistar-me é boa ideia a da subscrición. Un blog alimenta-se de comentarios? pero sobretodo de visitas que imos controlando cos contadores de vistas. Se non publico demasiado a xente cansa-se de visitar-nos e acaba por esquecer o blog. Subscritos ao Bloglines non é tan grave, a mi xa non me importa que os meus favoritos só publiquen unha vez cada dúas semanas, teño moito que ler.


Suscribir con Bloglines


Se clicas no cadrado e te subscrebes saberás cando publico algo. Grazas!

No hay comentarios: