miércoles, 24 de diciembre de 2008

Felices días


Digo-vos que ultimamente resulta-me tan difícil conciliar todo co internete que paso de escreber por falta de tempo. Claro que teño cousas que dicer, pero pregunto-me que se vos estaredes coma min e se teredes tempo para ler-me. Por iso, este será un post de links e algo de neve, que estes días xa foi desaparecendo.

A mellor idea para facer cos pequenos: un terrario con bonecos visto en The Crafty Crow, unha fantástica idea de All Dressed in Blue. Por certo, aquel colar que iamos facer con cousas atopadas non tivo demasiado éxito, como non encontramos nada utilizabel esquecimos o proxecto.

Visto en Bloesem a marabillosa igrexa iluminada de Studio Violet, e eu que pensaba que iso das pinzas era unha horterada, e velaí que cousa bonita.

Un fantástico tutorial para facer-lles unha máscara aos cativos, e outro para unha estrela de origami para a árbore.

Un xogo de memoria con tacos decorados con tea, hai tempo comentara no outro blog o de recilcar tapas de botellas... Dou-me conta de que a pesar de ser ideas moi boas só as gardo nos enlaces, terían que ser ideas moi rápidas de facer.
Esta tarde farei un té de Nadal, quizáis non tan chulo como o de Papercrane pero intentarase.

Que teñades nestes días un pouco ou moito de felicidade doméstica y un feliz aninovo.


Felices días:

Últimamente me resulta tan difícil conciliar todo con internet que paso de escribir por falta de tiempo. Claro que tengo cosas que decir, me pregunto si vosotras estaréis como yo y si tendréis tiempo para leerme. Por eso éste será un post de links y algo de nieve, que estos días fue desapareciendo.


La mejor idea para hacer con los pequeños:
un terrario visto en The Crafty Crow, una fantástica idea de All Dressed in Blue. Aquel collar que íbamos a hacer con cosas encontradas lo dejamos en el olvido, por falta precisamente de ellas, no encontrábamos nada.

Visto en Bloesem la maravillosa iglesia iluminada de Studio Violet, y yo que pensaba que eso de las pinzas era una horterada y mira que cosa tan bonita.

Un fantástico tutorial para hacer una máscara, y otro para una estrella de origami para el árbol .

Esta tarde sin falta haré un té navideño como el año pasado, quizás no tan opíparo
como el de Papercrane pero se intentará.

Que tengáis en estos días un poco o mucho de felicidad doméstica y un buen año nuevo!

domingo, 9 de noviembre de 2008

Tardes partidas e un ollo para Annai

Tardes partidas e domingos productivos.
Nico vai dous días a futbol-sala e dous a inglés, o suficiente para partir-nos catro tardes polo medio. Como non lin nada sobre o tema das actividades extraescolares, pero todas as nais que coñezo teñen as cousas moi claras (a maioría a favor, poucas en contra) fixen memoria.

Cando era pequena mandáron-me uns meses a guitarra, non me gustaba porque eu non a pedira polo Nadal. Puiden aproveitar as clases, hoxe quizais o agradecía, pero daquelas era un aburrimento. Outra cousa foron as actividades deportivas, os partidos de futbol entre nenas nun enorme campo eran divertidísimas, sentía-me unha promesa en potencia. Non eran estudios, era diversión, así o vivín, polo que coidarei que para eles tan pequenos tamén o sexa.

Ir a futbol-sala pediu-mo o neno, un posible castigo sería non manda-lo; o inglés tamén é ameno porque así o fai o profesor. Contaba-me unha nai que as fillas os fins de semana non querían saír da casa, máis que comprensibel. A que non quere saír son eu, limpo, lavo, interneteo e, sobretodo, deixo que os nenos poñan a casa patas arriba cos xoguetes.


E claro, así falo dos domingos productivos. O pasado, Nico debuxou un neno e ese día cortei a tea, cosimos a tres mans, os nenos con agulla roma e grosa, logo repasei os puntos. Aínda non me amaño ben coas costuras, quedan tirantes, vin que os demais crafters fan pezas aparte e logo ensámblan-as. Ensinaremos o resultado se queda ben nun dos dous blogs.


Máis adiante teño pensado traballar cos nenos a técnica do papel maché, terá que ser un sábado á tarde ou domingo de moita chuvia ou frío. Na foto unha das marabillosas pezas da artista Julie Arkell, corpo feito con esa técnica. Mirade que riquiña.

Hai tempo que atesouro o seguinte video, hoxe descubrín que estaba en youtube, é un dos videos favoritos dos meus meniños e meu: "An eye for Annai¨ do ilustrador Jon Klassen e Dan Rodrigues. Hoxe é un bo día para el, dura uns cinco minutos:



Tardes partidas y un ojo para Annai:

Tardes partidas y domingos productivos.
Nico va dos días a fútbol-sala y dos a inglés, lo suficiente para partirnos las tardes por el medio. No he leído nada sobre el tema de las actividades extraescolares, pero como todas las madres que conozco tienen esto muy claro (la mayoría a favor, pocas en contra) hice memoria.

Cuando era pequeña me mandaron unos meses a guitarra, no me gustaba porque yo no la había pedido por Navidad. Pude aprovechar las clases, pero en aquel momento era un aburrimiento. Otra cosa eran las actividades deportivas, los partidos de fútbol entre niñas en un enorme campo eran divertidísimas, me sentía una promesa en potencia. No eran estudios, era diversión, así lo viví, por lo que cuidaré que para ellos tan pequeños también lo sea.

Ir a fútbol-sala me lo pidió el niño, le encanta, un posible castigo sería no mandarlo; el inglés también es divertido porque así lo hace el profesor. Me contaba una de las madres que sus hijas los fines de semana no querían salir de casa, más que comprensible. La que no quiere salir soy yo, limpio, lavo, interneteo y, sobre todo, dejo que los niños pongan la casa patas arriba con los juguetes.

foto del muñeco
Claro y así hablamos de domingos productivos. El pasado, Nico dibujó un niño, ese mismo día corté la tela, cosimos a tres manos, ellos con una aguja grande roma, después repasé los puntos. Aún no controlo los trucos básicos de la costura y en las esquinas o dobleces el muñeco queda algo tirante; he visto que los demás crafters hacen piezas aparte que después ensamblan. Enseñaremos el resultado si es presentable en uno de los dos blogs.

foto de la muñeca
En otra ocasión trabajaremos la técnica del papel maché, tendrá que ser un sábado a la tarde o un domingo lluvioso o muy frio. En la foto una de las maravillosas piezas de la artista artista Julie Arkell, cuerpo hecho con esta técnica. Ella.

Hace tiempo que guardo este video, hoy descubrí que estaba en youtube, es uno de los videos favoritos de mis niños y mío: "An eye for Annai¨ del ilustrador Jon Klassen e Dan Rodrigues. Hoy es un buen día, dura unos cinco minutos. Arriba en la ventana de youtube. Annai busca ...

domingo, 5 de octubre de 2008

Unha idea con cabazas e unha personaxe máxica.

Moitas veces boto de menos unha horta. Xa o ano pasado plantamos unhas sementes de cabaza nuns testos grandes, pero só chegaron a botar flor e consumían e consumían auga. Queriamos conseguir unhas cabaciñas das de adorno.
Despois de ver a marabillosa casa que fixo Bitter Betty non esquecemos a idea, tutorial. A foto é sacada do blog da autora e asinei-lla co seu nome. Post visto en The Crafty Crow, un dos meus blogs favoritos pensando nos nenos.




Mr. W.
É un dos videos máis fermosos ou especiais do ano, xa o atesouraba había semanas. Non lembro como cheguei a el.
Quen é Mr. W.? Tampouco caín a primeira, cara ao final descubrín quen era esta personaxe, con quen ningúen se anoxaba. Os pequenos miraban abraiados, aínda así tiven que axudar un chisco.



Una idea con calabazas y un personaje mágico:


Muchas veces echo de menos una huerta. Ya el año pasado plantamos unas semillas de calabaza en un tiesto grande, pero sólo echaron flor y consumían y consumían agua. Queríamos conseguir unas calabazas de adorno. Después de ver la maravillosa casa que hizo Bitter Betty no olvidamos la idea, tutorial. La foto es de la autora y se la firmé. Post visto en The Crafty Crow, uno de mis blogs favoritos pensando en los niños.

Mr. W.
El de arriba es un de los videos más hermosos o especiales del año, hacía semanas que lo atesoraba. No recuerdo cómo llegué a él.
¿Quien es Mr. W.? Tampoco caí a la primera, pero hacia el final descubrí quien era este personje con quien nadie se enfadaba. Mis pequeños miraban sorprendidos y les tuve que dar alguna pista.

domingo, 21 de septiembre de 2008

Aprendendo a mirar

Cando se proxectou a primeira película, os espectadores fuxiron ao pensar que se lles viña un tren de verdade enriba, o ser humano tivo que aprender a linguaxe cinematográfica; como cando lemos un cómic e o neno aprende cal é a sucesión das viñetas. Tamén hai una forma para contar aos demais en imaxes usando a cámara o que sentimos, iso aprendese mirando.

Aprender a mirar. Buscar unha forma particular de ver, que todos poidan entender pero que se diferencie, non demasiado. Moitos, todos!?, fotografamos intentando atrapar a vida que se nos vai. Se enriba as túas imaxes poden ter certa influencia non é incribel? E as imaxes dos fillos en nós!? quen o diría. Mesmo se non tes fillos, se tes sobriños ou fillos de amigos deixa-lles un día a túa sinxela cámara, poden saír imaxes moi inspiradoras.

Ao Nico compreille unha cámara Fisher Price, por ese prezo puidemos ter unha normaliña, creo que andou polos setenta euros cando cumpriu anos.
A min as pombas non me gustan demasiado, pero forman parte dalgúns domingos da miña infancia, ao neno nada lle dixen e ese foi o seu enfoque, unha pomba soa.

Fixo moitas pero esta é especialmente querida, a nena coqueta move a cabeza, as vellas pedras suxiren zona monumental (a carón da catedral) e a pomba, o chan seco e o seu sorriso un feliz día de paseo.

Aprendiendo a mirar:

Cuando se proyectó la primera película, los espectadores huyeron al pensar que se les echaba encima un tren de verdad, el ser humano tuvo que aprender el lenguaje cinematográfico, como cuando leemos un cómic y el niño aprende cual es la sucesión de viñetas. También hay una forma para contar a los demás en imágenes lo que sentimos usando la cámara, eso se aprende a base de mirar.

Aprender a mirar. Buscar una forma particular de ver, que todos puedan entender pero que se diferencie, no demasiado. Muchos fotografiamos intentando atrapar la vida que se va.
Si tus imágenes llegan a los demás, no es increíble que puedan tener cierta influencia? y las fotos de los hijos en nosotros mismos?!
Si no tienes hijos, pero sí sobrinos o hijos de amigos, déjales un día tú sencilla cámara digital, pueden sorprenderte con imágenes inspiradoras.

A Nico le compré una cámara Fisher Price; por su precio pudimos tener una normalita, creo que rondó los setenta euros por su cumpleaños.
A mi las palomas no me gustan demasiado, pero forman parte de algunos domingos de mi infancia, al niño nada le dije y ése fue su enfoque, una paloma sola.
La foto de la niña es especialmente querida: la niña coqueta mueve la cabeza, las viejas piedras sugieren zona monumental (a lado de la catedral) y la paloma, el suelo seco y su sonrisa un feliz día de paseo.

martes, 9 de septiembre de 2008

Un colar talismán - Proxecto


Un día lin este post no blog Kidshaus e quedei namorada da idea dun colar-talismán. Non me digades que non se vos ocorren mil cousas.
Obxectivo: construír un colar máxico noso con cousas que vaiamos atopando ao longo do mes.
O outro día a nena atopou un botón pequeno azul nun paseo do río, velaí a nosa primeira peza.

A idea é da compañía Redspottedpurple, dos deseñadores Hermie Meer e Francis Hörters, pezas elaboradas con materias orgánicos ou lás recicladas, tecidos por campesinos, pastores turcos, peruanos ou bordados por mulleres desherdadas namibias coa filosofía do comercio xusto.
Os colares venden-se xa feitos nesta tenda.
Unha preciosa idea que ´reciclamos´ para os nosos nenos.


Isto de recoller cousas soa-os de algo? Pois ven das 100 marabillosas ideais de Keri Smith interpretadas ao meu xeito, o apartado 6. di:
Glue an envelope into your journal. For one week collect items you find on the street.
Non penso pegar ningún sobre pero si ir gardando todo en dous botes.

Un collar talismán:

Desde que leí este post de Kidshaus la idea del collar talismán me sedujo por sus múltiples posibilidades.
Se me ocurrió que con los niños podíamos hacer nuestro propio collar mágico con lo que encontremos de provecho a lo largo del mes. Mi niña encontró el domingo un botón pequeño azul, el de la foto.

El collar original se puede comprar en esta tienda, es un diseño de la compañía Redspottedpurple. Ofrecen piezas elaboradas con materiales reciclados o orgánicos y con la filosofía del comercio justo, tejidos por campesinos o pastores turcos, peruanos, bordados por mujeres namibias desheredadas... Una compañía con filosofía.

Detrás de este proyecto también están las 100 ideas de Keri Smith. A punto estuve de inaugurar un blog con ellas, pero las tendré muy en cuenta en éste. Las interpreto a mi manera, en el apartado 6. leemos:

Glue an envelope into your journal. For one week collect items you find on the street.
No pienso pegar ningún sobre pero sí ir guardando todo en dos botes.

sábado, 6 de septiembre de 2008

Proxecto semanal: Piratas

Boa idea de Dalle un coliño, a do proxecto semanal: un tema para desenvolver cos nenos, amosar e compartir. O dos piratas pareceu-me doado porque o neno xoga moitas veces cos bonecos e cun pequeno barco de madeira, hai unhas tremendas liortas entre eles.

Xogo: ás veces disfrazo-me de Capitán Garfo e baixo unha bata meto varios coxíns, despois persego os nenos pola sala arredor dunha mesa. Cando os atrapo cómo-os a bicos, mentres eles poden empurrarme polo bandullo e incluso dar-me nel. O xogo remata cando me tumban (con tanto coxín son unha pelota) e se poñen enriba miña, socorro!


(clica para ve-lo en grande)
Desde hai xa un par de anos deu-me por utilizar unha Moleskine para os debuxos dos nenos. Cando me lembro e o neno ten ganas, fai nel unha pequena obra de arte e vou-nas datando. Como por aquí non para de chover, non houbo ocasión nin ganas de saír e fixemos un cadro a tres mans.
Primeiro pinteilles unhas ondas e medio barco, Mencía fixo o polbo de abaixo e un pirata do barco da dereita. Fai figuras parecidas a pantasmas cuns cabelos moi chuscos.

Cando Nico era moi cativo comprei o libro El arte infantil (edicones Eneida, Aureliano Sáinz). Non acabei de le-lo todo, é un libro denso pero interesante, hai algún libro máis de interpretar os debuxos pero non o coñezo. Acabo de ver este libro, merecerá a pena? ve-se un estracto.

Non hai moito que teño un libro de Mandalas, seica son do máis estimulante e beneficioso para nenos e anciáns, percibindo-se nestes últimos unha gran mellora. Tentarei facer algún cos nenos.

O neno debuxou unha bandeira baixo as miñas recomendacións de cor: a caveira, branca, busca unha cor que a destaque, negro? si. A caveira e 100% Nicolás B.


Teño este pequeno estuche de acuarelas, é moi pequeno, o bo e grande gárdo-o para as miñas argalladas.
Os nenos só precisan un trapo vello, un vaso de auga que se debe de cambiar cada pouco, varios pinceis, un mandil ou camiseta vella e coidar que non mesturen demasiado as cores.
Cómpre que aprendan que o pincel non hai que finca-lo no papel, unha pequena presión abonda, como unha pluma.

Pequeño resumen:

dentro de los proyectos semanales con los niños, el tema propuesto por Dalle un coliño fue el de los piratas.
Nuestro proyecto consistió en un dibujo a tres manos., hecho en la Moleskine pequeña que tengo desde hace un par de años para sus dibujos. Perfilé un poco las olas y un barco y ellos hicieron el resto. Lo mejor: el pulpo de mi niña (4) y el tiburón o piratas de Nico (6). Material: un pequeño estuche de bolsillo de acuarelas, un vaso de agua, cambiada varias veces, un trapo viejo, mandilones o camisetas viejas.
Deben de aprender a no estropear la punta de los pinceles, aplicar el color sin apretar, con ligereza, a no cargar demasiado el pincel con agua o la tinta muy espesa.


Una pequeña mención sobre dos libros interesantes, uno sobre el arte infantil, denso pero de interés y otro sobre los mandalas. He leído artículos sobre las propiedades de los mandalas, tanto en ancianos como en niños, pero aún no hemos hecho ninguno. A ver hoy ...
Los enlaces son a páginas en castellano, por lo que sólo tenéis que clicar en ellos.

Subscreberse ao bloglines

Non sei por que me resistín tantos anos ao bloglines. Prefería ter os enlaces nunha columna lateral e visita-los cando tivese tempo.
Os favoritos empezaron a crecer tanto que non os podía seguir todos.
Agora o bloglines resulta-me moi útil.

Como non penso publicar con frecuencia no blog, máis ou menos semanalmente, se non vos queredes aburrir de vistar-me é boa ideia a da subscrición. Un blog alimenta-se de comentarios? pero sobretodo de visitas que imos controlando cos contadores de vistas. Se non publico demasiado a xente cansa-se de visitar-nos e acaba por esquecer o blog. Subscritos ao Bloglines non é tan grave, a mi xa non me importa que os meus favoritos só publiquen unha vez cada dúas semanas, teño moito que ler.


Suscribir con Bloglines


Se clicas no cadrado e te subscrebes saberás cando publico algo. Grazas!

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Outono e intencións

Chega o outono e algo que xa tempo debía, un blog en galego sobre a crianza, as inspiracións alleas e mutuas e algúns proxectos sempre cos nenos.
De robots e de landras, de robots porque lle gostan ao neno, de landras porque son máxicas. Na foto unha imaxe extraída da revista francesa Marie Claire Idées, número de outono deste ano, atopei-na nun quiosco do centro. Ocorrese-me tamén facer un móbil con froitos secos...

O outro blog chuculeta con ratón foi criado pensando en chegar a bastante xente e un medio para vender no futuro as miñas cousas. Pero o traballo e o meu labor de nai non me deixan moito tempo para os "negocios". Desoíndo os consellos de non facer un blog cunha mestura de cousas, vin que lonxe de escorrentar aos leitores, estes ían aumentando. Ainda así un blog en galego era case un deber que ía aparcando. Por que non facerlle un oquiño a todas aquelas cousas que non cadraban moi ben no primeiro?! Por que non falar noutro lugar dos debuxos e as nosas inspiracións? Ao ler áos Tartarouchos e a Dalle un coliño xa non tiña escusa.

A inspiración (copiamos algunhas cousas) para facer este robot veu deste visto no flickr. O neno preguntou-lle ao avó polas chaves, o resto tíña-o eu, con eses elementos fixo un debuxo e a partir de aí construimo-lo. Pintei-llo baixo as súas instruccións, pero aínda así prefiro a súa "imperfección" é moito máis fermosa.

Otoño e intenciones:
estreno de blog con una foto del nuevo Marie Claire Idees y foto de un robot diseñado por mi niño, dibujado por mi y fabricado entre los dos con piezas en desuso. La inspiración vino de este robot en el flickr, más que inspiración en algunas cosas copiamos descaradamente, es que reutilizar viejas llaves está más que bien.