domingo, 5 de octubre de 2008

Unha idea con cabazas e unha personaxe máxica.

Moitas veces boto de menos unha horta. Xa o ano pasado plantamos unhas sementes de cabaza nuns testos grandes, pero só chegaron a botar flor e consumían e consumían auga. Queriamos conseguir unhas cabaciñas das de adorno.
Despois de ver a marabillosa casa que fixo Bitter Betty non esquecemos a idea, tutorial. A foto é sacada do blog da autora e asinei-lla co seu nome. Post visto en The Crafty Crow, un dos meus blogs favoritos pensando nos nenos.




Mr. W.
É un dos videos máis fermosos ou especiais do ano, xa o atesouraba había semanas. Non lembro como cheguei a el.
Quen é Mr. W.? Tampouco caín a primeira, cara ao final descubrín quen era esta personaxe, con quen ningúen se anoxaba. Os pequenos miraban abraiados, aínda así tiven que axudar un chisco.



Una idea con calabazas y un personaje mágico:


Muchas veces echo de menos una huerta. Ya el año pasado plantamos unas semillas de calabaza en un tiesto grande, pero sólo echaron flor y consumían y consumían agua. Queríamos conseguir unas calabazas de adorno. Después de ver la maravillosa casa que hizo Bitter Betty no olvidamos la idea, tutorial. La foto es de la autora y se la firmé. Post visto en The Crafty Crow, uno de mis blogs favoritos pensando en los niños.

Mr. W.
El de arriba es un de los videos más hermosos o especiales del año, hacía semanas que lo atesoraba. No recuerdo cómo llegué a él.
¿Quien es Mr. W.? Tampoco caí a la primera, pero hacia el final descubrí quien era este personje con quien nadie se enfadaba. Mis pequeños miraban sorprendidos y les tuve que dar alguna pista.