domingo, 21 de septiembre de 2008

Aprendendo a mirar

Cando se proxectou a primeira película, os espectadores fuxiron ao pensar que se lles viña un tren de verdade enriba, o ser humano tivo que aprender a linguaxe cinematográfica; como cando lemos un cómic e o neno aprende cal é a sucesión das viñetas. Tamén hai una forma para contar aos demais en imaxes usando a cámara o que sentimos, iso aprendese mirando.

Aprender a mirar. Buscar unha forma particular de ver, que todos poidan entender pero que se diferencie, non demasiado. Moitos, todos!?, fotografamos intentando atrapar a vida que se nos vai. Se enriba as túas imaxes poden ter certa influencia non é incribel? E as imaxes dos fillos en nós!? quen o diría. Mesmo se non tes fillos, se tes sobriños ou fillos de amigos deixa-lles un día a túa sinxela cámara, poden saír imaxes moi inspiradoras.

Ao Nico compreille unha cámara Fisher Price, por ese prezo puidemos ter unha normaliña, creo que andou polos setenta euros cando cumpriu anos.
A min as pombas non me gustan demasiado, pero forman parte dalgúns domingos da miña infancia, ao neno nada lle dixen e ese foi o seu enfoque, unha pomba soa.

Fixo moitas pero esta é especialmente querida, a nena coqueta move a cabeza, as vellas pedras suxiren zona monumental (a carón da catedral) e a pomba, o chan seco e o seu sorriso un feliz día de paseo.

Aprendiendo a mirar:

Cuando se proyectó la primera película, los espectadores huyeron al pensar que se les echaba encima un tren de verdad, el ser humano tuvo que aprender el lenguaje cinematográfico, como cuando leemos un cómic y el niño aprende cual es la sucesión de viñetas. También hay una forma para contar a los demás en imágenes lo que sentimos usando la cámara, eso se aprende a base de mirar.

Aprender a mirar. Buscar una forma particular de ver, que todos puedan entender pero que se diferencie, no demasiado. Muchos fotografiamos intentando atrapar la vida que se va.
Si tus imágenes llegan a los demás, no es increíble que puedan tener cierta influencia? y las fotos de los hijos en nosotros mismos?!
Si no tienes hijos, pero sí sobrinos o hijos de amigos, déjales un día tú sencilla cámara digital, pueden sorprenderte con imágenes inspiradoras.

A Nico le compré una cámara Fisher Price; por su precio pudimos tener una normalita, creo que rondó los setenta euros por su cumpleaños.
A mi las palomas no me gustan demasiado, pero forman parte de algunos domingos de mi infancia, al niño nada le dije y ése fue su enfoque, una paloma sola.
La foto de la niña es especialmente querida: la niña coqueta mueve la cabeza, las viejas piedras sugieren zona monumental (a lado de la catedral) y la paloma, el suelo seco y su sonrisa un feliz día de paseo.

martes, 9 de septiembre de 2008

Un colar talismán - Proxecto


Un día lin este post no blog Kidshaus e quedei namorada da idea dun colar-talismán. Non me digades que non se vos ocorren mil cousas.
Obxectivo: construír un colar máxico noso con cousas que vaiamos atopando ao longo do mes.
O outro día a nena atopou un botón pequeno azul nun paseo do río, velaí a nosa primeira peza.

A idea é da compañía Redspottedpurple, dos deseñadores Hermie Meer e Francis Hörters, pezas elaboradas con materias orgánicos ou lás recicladas, tecidos por campesinos, pastores turcos, peruanos ou bordados por mulleres desherdadas namibias coa filosofía do comercio xusto.
Os colares venden-se xa feitos nesta tenda.
Unha preciosa idea que ´reciclamos´ para os nosos nenos.


Isto de recoller cousas soa-os de algo? Pois ven das 100 marabillosas ideais de Keri Smith interpretadas ao meu xeito, o apartado 6. di:
Glue an envelope into your journal. For one week collect items you find on the street.
Non penso pegar ningún sobre pero si ir gardando todo en dous botes.

Un collar talismán:

Desde que leí este post de Kidshaus la idea del collar talismán me sedujo por sus múltiples posibilidades.
Se me ocurrió que con los niños podíamos hacer nuestro propio collar mágico con lo que encontremos de provecho a lo largo del mes. Mi niña encontró el domingo un botón pequeño azul, el de la foto.

El collar original se puede comprar en esta tienda, es un diseño de la compañía Redspottedpurple. Ofrecen piezas elaboradas con materiales reciclados o orgánicos y con la filosofía del comercio justo, tejidos por campesinos o pastores turcos, peruanos, bordados por mujeres namibias desheredadas... Una compañía con filosofía.

Detrás de este proyecto también están las 100 ideas de Keri Smith. A punto estuve de inaugurar un blog con ellas, pero las tendré muy en cuenta en éste. Las interpreto a mi manera, en el apartado 6. leemos:

Glue an envelope into your journal. For one week collect items you find on the street.
No pienso pegar ningún sobre pero sí ir guardando todo en dos botes.

sábado, 6 de septiembre de 2008

Proxecto semanal: Piratas

Boa idea de Dalle un coliño, a do proxecto semanal: un tema para desenvolver cos nenos, amosar e compartir. O dos piratas pareceu-me doado porque o neno xoga moitas veces cos bonecos e cun pequeno barco de madeira, hai unhas tremendas liortas entre eles.

Xogo: ás veces disfrazo-me de Capitán Garfo e baixo unha bata meto varios coxíns, despois persego os nenos pola sala arredor dunha mesa. Cando os atrapo cómo-os a bicos, mentres eles poden empurrarme polo bandullo e incluso dar-me nel. O xogo remata cando me tumban (con tanto coxín son unha pelota) e se poñen enriba miña, socorro!


(clica para ve-lo en grande)
Desde hai xa un par de anos deu-me por utilizar unha Moleskine para os debuxos dos nenos. Cando me lembro e o neno ten ganas, fai nel unha pequena obra de arte e vou-nas datando. Como por aquí non para de chover, non houbo ocasión nin ganas de saír e fixemos un cadro a tres mans.
Primeiro pinteilles unhas ondas e medio barco, Mencía fixo o polbo de abaixo e un pirata do barco da dereita. Fai figuras parecidas a pantasmas cuns cabelos moi chuscos.

Cando Nico era moi cativo comprei o libro El arte infantil (edicones Eneida, Aureliano Sáinz). Non acabei de le-lo todo, é un libro denso pero interesante, hai algún libro máis de interpretar os debuxos pero non o coñezo. Acabo de ver este libro, merecerá a pena? ve-se un estracto.

Non hai moito que teño un libro de Mandalas, seica son do máis estimulante e beneficioso para nenos e anciáns, percibindo-se nestes últimos unha gran mellora. Tentarei facer algún cos nenos.

O neno debuxou unha bandeira baixo as miñas recomendacións de cor: a caveira, branca, busca unha cor que a destaque, negro? si. A caveira e 100% Nicolás B.


Teño este pequeno estuche de acuarelas, é moi pequeno, o bo e grande gárdo-o para as miñas argalladas.
Os nenos só precisan un trapo vello, un vaso de auga que se debe de cambiar cada pouco, varios pinceis, un mandil ou camiseta vella e coidar que non mesturen demasiado as cores.
Cómpre que aprendan que o pincel non hai que finca-lo no papel, unha pequena presión abonda, como unha pluma.

Pequeño resumen:

dentro de los proyectos semanales con los niños, el tema propuesto por Dalle un coliño fue el de los piratas.
Nuestro proyecto consistió en un dibujo a tres manos., hecho en la Moleskine pequeña que tengo desde hace un par de años para sus dibujos. Perfilé un poco las olas y un barco y ellos hicieron el resto. Lo mejor: el pulpo de mi niña (4) y el tiburón o piratas de Nico (6). Material: un pequeño estuche de bolsillo de acuarelas, un vaso de agua, cambiada varias veces, un trapo viejo, mandilones o camisetas viejas.
Deben de aprender a no estropear la punta de los pinceles, aplicar el color sin apretar, con ligereza, a no cargar demasiado el pincel con agua o la tinta muy espesa.


Una pequeña mención sobre dos libros interesantes, uno sobre el arte infantil, denso pero de interés y otro sobre los mandalas. He leído artículos sobre las propiedades de los mandalas, tanto en ancianos como en niños, pero aún no hemos hecho ninguno. A ver hoy ...
Los enlaces son a páginas en castellano, por lo que sólo tenéis que clicar en ellos.

Subscreberse ao bloglines

Non sei por que me resistín tantos anos ao bloglines. Prefería ter os enlaces nunha columna lateral e visita-los cando tivese tempo.
Os favoritos empezaron a crecer tanto que non os podía seguir todos.
Agora o bloglines resulta-me moi útil.

Como non penso publicar con frecuencia no blog, máis ou menos semanalmente, se non vos queredes aburrir de vistar-me é boa ideia a da subscrición. Un blog alimenta-se de comentarios? pero sobretodo de visitas que imos controlando cos contadores de vistas. Se non publico demasiado a xente cansa-se de visitar-nos e acaba por esquecer o blog. Subscritos ao Bloglines non é tan grave, a mi xa non me importa que os meus favoritos só publiquen unha vez cada dúas semanas, teño moito que ler.


Suscribir con Bloglines


Se clicas no cadrado e te subscrebes saberás cando publico algo. Grazas!

miércoles, 3 de septiembre de 2008

Outono e intencións

Chega o outono e algo que xa tempo debía, un blog en galego sobre a crianza, as inspiracións alleas e mutuas e algúns proxectos sempre cos nenos.
De robots e de landras, de robots porque lle gostan ao neno, de landras porque son máxicas. Na foto unha imaxe extraída da revista francesa Marie Claire Idées, número de outono deste ano, atopei-na nun quiosco do centro. Ocorrese-me tamén facer un móbil con froitos secos...

O outro blog chuculeta con ratón foi criado pensando en chegar a bastante xente e un medio para vender no futuro as miñas cousas. Pero o traballo e o meu labor de nai non me deixan moito tempo para os "negocios". Desoíndo os consellos de non facer un blog cunha mestura de cousas, vin que lonxe de escorrentar aos leitores, estes ían aumentando. Ainda así un blog en galego era case un deber que ía aparcando. Por que non facerlle un oquiño a todas aquelas cousas que non cadraban moi ben no primeiro?! Por que non falar noutro lugar dos debuxos e as nosas inspiracións? Ao ler áos Tartarouchos e a Dalle un coliño xa non tiña escusa.

A inspiración (copiamos algunhas cousas) para facer este robot veu deste visto no flickr. O neno preguntou-lle ao avó polas chaves, o resto tíña-o eu, con eses elementos fixo un debuxo e a partir de aí construimo-lo. Pintei-llo baixo as súas instruccións, pero aínda así prefiro a súa "imperfección" é moito máis fermosa.

Otoño e intenciones:
estreno de blog con una foto del nuevo Marie Claire Idees y foto de un robot diseñado por mi niño, dibujado por mi y fabricado entre los dos con piezas en desuso. La inspiración vino de este robot en el flickr, más que inspiración en algunas cosas copiamos descaradamente, es que reutilizar viejas llaves está más que bien.